Manantiais de saúde e descanso

galego | español

GALICIA, LÍDER TERMAL

Galicia conta cunha enorme riqueza mineiromedicinal no seu solo. Están catalogadas máis de 300 captacións, das que 20 son utilizadas por balnearios.

Os nosos balnearios dispoñen dunhas instalacións modernas nas que traballan profesionais altamente cualificados. A calidade das súas augas mineiromedicinais únese á garantía que supón para o consumidor a subxección a unha estrita normativa.

Podemos presumir de que Galicia é o destino de turismo de saúde de referencia en España. A nosa oferta termal constitúe, despois do Camiño de Santiago, o produto turístico galego con maior potencial internacional.

Os balnearios representan ademais un modelo de empresa sostible, posto que traballan para garantir o futuro do recurso, melloran a calidade de vida dos seus usuarios e contribúen a fixar poboación por medio da xeración de emprego. Dinamizan social e economicamente as comarcas nas que se atopan.



contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal