Manantiais de saúde e descanso

galego | español

O SECTOR

As propiedades salutíferas dos mananciais galegos son coñecidas dende tempos anteriores á conquista romana. Na actualidade Galicia é a comunidade española líder en oferta termal. Con máis de 3.000 prazas hoteleiras, os seus 21 balnearios representan en torno ao 20% dos establecementos nacionais. No seu conxunto reciben a uns 150.000 usuarios cada ano, procedentes na súa maioría de Asturias, Castela-León, Madrid e Cataluña, ademais de Galicia.

Cada vez son máis as parellas e familias que acoden aos balnearios. Nestes centros búscase a prevención e o tratamento de doenzas crónicas e unha boa calidade de vida.

_Entre os novos retos do sector termal en Galicia destacan:

_A constitución da Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia e do Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia facilitarán a posta en marcha de proxectos cooperativos e innovadores. O propósito é impulsar o termalismo como un sector estratéxico que contribúa á dinamización socioeconómica da comunidade.



contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal