Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Galicia é o principal destino termal de España. Os nosos balnearios ofrecen augas mineiromedicinais de excelente calidade. Son augas indicadas para proporcionar o descanso exterior e interior. Axudan a mellorar certas doenzas e favorecen a calidade de vida dos termalistas. Saúde e relax para todos, para os usuarios de maior idade e tamén para os máis novos; en grupos, en familia, en parella ou en solitario. Estamos encantados de acollerte en calquera época porque as nosas instalacións dispoñen de calor estival todo o ano.

O lecer das augasExposición «O lecer das augas»

A Asociación de Balnearios de Galicia promove a exposición «O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia», que está a percorrer as principais cidades e localidades galegas. A mostra consta de doce paneis, ademais de material bibliográfico, botellas, artigos de cosmética e distintas pezas (vasos, inhaladores…) procedentes de coleccións ou cedidas por diversos balnearios da comunidade.

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© 2012. Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.com                          


     

Acto de homenaxe ao IMSERSO
Balneario de Lugo, 4 de outubro de 2013